ASUNTO: Criterios para a concesión de traballo en réxime non presencial ou adaptacións derivadas da situación de risco pola COVID-19
En resposta ao seu escrito de data 29 de setembro, onde solicita ser informado sobre os criterios para aceptación ou desestimación de peticións de traballo non presencial ou adaptación horarias, como consecuencia da situación xerada pola pandemia da COVID-19, comunícase o seguinte.
No relativo ao persoal en situación de vulnerabilidade ao SARS-CoV-2, nos niveis de risco NR3 e NR4, estase ao establecido na instrución da xerencia do 11 de setembro.
Respecto doutras situacións non previstas na devandita instrución, fundamentalmente as relacionadas coa conciliación da vida persoal, familiar e laboral, estanse autorizando as solicitudes, debidamente documentadas, de alternancia de traballo presencial/non presencial e adaptacións/flexibilizacións horarias, contando necesariamente co informe favorable da persoa responsable, nos casos relativos á atención de menores cando no centro educativo non contan co servizo de madrugadores ou aulas matinais, comedor ou servizo de autobús.
Vigo, 8 de outubro de 2020
O vicexerente de recursos humanos