Comunicado do Comité de Empresa de Pontevedra sobre a xuntanza coa Xerencia sobre criterios de aplicación da RPT -PAS-LABORAL

O Comité de Empresa de Pontevedra, na reunión que mantivemos hoxe decidimos non participar en ningunha negociación que teña que ver coa RPT imposta pola Universidade.

O Comité, en coherencia co feito de ter recurrida a RPT, toma a decisión de non negociar a execución da RPT por decisión unánime.

De este xeito, decidimos ir á reunión un representante de cada sindicato co fin de comunicarlle esta decisión.

Así mesmo, lembrarlle que o Comité ten recorrida a RPT

Que agardamos unha resposta favorable do Reitor ás nosas demandas.

Que solicitamos así mesmo a suspensión cautelar da execución da RPT.

Que de non ser atendidas as nosas demandas, acudiremos ó orde xurisdiccional que corresponda.

Que entre outras cousas, o Consello de goberno non coñeceu o informe negativo presentado polo Comité, así como que o documento presentado non foi o mesmo que o que se nos presentou para realizar o informe.