ACORDO SINDICAL ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO PÚBLICO

Reunidos os sindicatos con representación no Comité de empresa de Ourense, o Comité de empresa de Pontevedra e a Xunta de persoal funcionario de administración e servicios o 16 de xuño de 2022 para negociar os sistemas selectivos aplicables ás prazas da taxa adicional de estabilización e de persoal declarado indefinido non fixo das OEP de 2019, 2020 e 2021, en aplicación da Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, acadouse o acordo que se achega.

Documento do Acordo

Proposta funcionarización

Reunida a parte social da Comisión de Funcionarización do PAS-Laboral 
da Universidade de Vigo, aprobou os seguintes puntos:

1.      Aprobación do borrador das bases de funcionarización do PAS-Laboral 
para negociar coa xerencia da Universidade de Vigo, tendo como eixe os 
seguintes obxectivos:

•       Establecemento dunha orde salarial máis xusta e equitativa 
favorecendo as categorías e grupos con menor retribución.
•       Establecemento e fomento da carreira profesional do PAS.
•       Implantación nas futuras negociacións de proxectos de mellora da 
produtividade ou a eficiencia, a revisión de complementos específicos 
entre postos con funcións equiparables e a homologación de 
complementos de destino.
•       Mellora dos dereitos do PAS da Universidade de Vigo mediante o 
mantemento do convenio colectivo e do acordo da Xunta de Persoal, 
órgano unitario de representación de todo o PAS

2.      Presentación do documento no rexistro da universidade para 
comezalas reunións de negociación, para isto, instamos á xerencia á 
convocatoria dunha reunión da Comisión de Funcionarización na segunda 
quincena de xaneiro do 2021.

3.      Aprazamento da presentación das Adicionais e Transitorias do 
documento, onde se recollen os dereitos sociais do PAS, así como a 
normativa de aplicación, ata primeira quincena de xaneiro de 2021 para 
a súa presentación e negociación global.

4.      Cremos adecuado, como política de transparencia e garantía, 
publicar a proposta inicial de funcionarización do pas-laboral para a 
participación do persoal afectado. O persoal poderá aportar os seus 
criterios, reflexións, valoracións e alegacións a través dos correos 
electrónicos dos órganos de representación do PAS:

xuntapas@uvigo.es
comite@uvigo.es
comiteourensepas@uvigo.es

Proceso e parte Económica:
Pode acceder ao contido do Documento

Dereitos Sociais:
Pode acceder ao contido do Documento

Criterios para a Concesión de Traballo Non Presencial e Adaptacións Horarias – COVID19

ASUNTO: Criterios para a concesión de traballo en réxime non presencial ou adaptacións derivadas da situación de risco pola COVID-19

En resposta ao seu escrito de data 29 de setembro, onde solicita ser informado sobre os criterios para aceptación ou desestimación de peticións de traballo non presencial ou adaptación horarias, como consecuencia da situación xerada pola pandemia da COVID-19, comunícase o seguinte.
No relativo ao persoal en situación de vulnerabilidade ao SARS-CoV-2, nos niveis de risco NR3 e NR4, estase ao establecido na instrución da xerencia do 11 de setembro.
Respecto doutras situacións non previstas na devandita instrución, fundamentalmente as relacionadas coa conciliación da vida persoal, familiar e laboral, estanse autorizando as solicitudes, debidamente documentadas, de alternancia de traballo presencial/non presencial e adaptacións/flexibilizacións horarias, contando necesariamente co informe favorable da persoa responsable, nos casos relativos á atención de menores cando no centro educativo non contan co servizo de madrugadores ou aulas matinais, comedor ou servizo de autobús.

Vigo, 8 de outubro de 2020
O vicexerente de recursos humanos