Estaban convocados 243 traballadores e exerceron o seu dereito 208.
Votaron si 149 – 72%
Votaron non 42 – 20%
Votaron en branco 17 – 8%
Estaban convocados 243 traballadores e exerceron o seu dereito 208.
Votaron si 149 – 72%
Votaron non 42 – 20%
Votaron en branco 17 – 8%
Os Dereitos Sociais do 2º Convenio Colectivo do PAS Laboral aplicaranse automáticamente ao PAS Funcionario no caso de que supoñan unha mellora – Texto do Acordo.
O documento correspondente ao acordo de funcionarización do PAS Laboral podes atopalo neste enlace.
Reunida a parte social da Comisión de Funcionarización do PAS-Laboral
da Universidade de Vigo, aprobou os seguintes puntos:
1. Aprobación do borrador das bases de funcionarización do PAS-Laboral
para negociar coa xerencia da Universidade de Vigo, tendo como eixe os
seguintes obxectivos:
• Establecemento dunha orde salarial máis xusta e equitativa
favorecendo as categorías e grupos con menor retribución.
• Establecemento e fomento da carreira profesional do PAS.
• Implantación nas futuras negociacións de proxectos de mellora da
produtividade ou a eficiencia, a revisión de complementos específicos
entre postos con funcións equiparables e a homologación de
complementos de destino.
• Mellora dos dereitos do PAS da Universidade de Vigo mediante o
mantemento do convenio colectivo e do acordo da Xunta de Persoal,
órgano unitario de representación de todo o PAS
2. Presentación do documento no rexistro da universidade para
comezalas reunións de negociación, para isto, instamos á xerencia á
convocatoria dunha reunión da Comisión de Funcionarización na segunda
quincena de xaneiro do 2021.
3. Aprazamento da presentación das Adicionais e Transitorias do
documento, onde se recollen os dereitos sociais do PAS, así como a
normativa de aplicación, ata primeira quincena de xaneiro de 2021 para
a súa presentación e negociación global.
4. Cremos adecuado, como política de transparencia e garantía,
publicar a proposta inicial de funcionarización do pas-laboral para a
participación do persoal afectado. O persoal poderá aportar os seus
criterios, reflexións, valoracións e alegacións a través dos correos
electrónicos dos órganos de representación do PAS:
xuntapas@uvigo.es
comite@uvigo.es
comiteourensepas@uvigo.es
Proceso e parte Económica:
Pode acceder ao contido do Documento
Dereitos Sociais:
Pode acceder ao contido do Documento
ASUNTO: Criterios para a concesión de traballo en réxime non presencial ou adaptacións derivadas da situación de risco pola COVID-19
En resposta ao seu escrito de data 29 de setembro, onde solicita ser informado sobre os criterios para aceptación ou desestimación de peticións de traballo non presencial ou adaptación horarias, como consecuencia da situación xerada pola pandemia da COVID-19, comunícase o seguinte.
No relativo ao persoal en situación de vulnerabilidade ao SARS-CoV-2, nos niveis de risco NR3 e NR4, estase ao establecido na instrución da xerencia do 11 de setembro.
Respecto doutras situacións non previstas na devandita instrución, fundamentalmente as relacionadas coa conciliación da vida persoal, familiar e laboral, estanse autorizando as solicitudes, debidamente documentadas, de alternancia de traballo presencial/non presencial e adaptacións/flexibilizacións horarias, contando necesariamente co informe favorable da persoa responsable, nos casos relativos á atención de menores cando no centro educativo non contan co servizo de madrugadores ou aulas matinais, comedor ou servizo de autobús.
Vigo, 8 de outubro de 2020
O vicexerente de recursos humanos
Podes ver todas as actas no menu lateral ACTAS ou no menu principal COMITÉ/ACTAS